O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, recibiu ao embaixador de Portugal en España, João Mira-Gomes

 

A Coruña, 16 de febreiro de 2023.

O pasado luns, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, recibiu na Reitoría ao embaixador de Portugal en España, João Mira-Gomes, nunha visita institucional.

Á reunión asistiron tamén o cónsul da Embaixada de Portugal en Madrid, Pedro Curto; a agregada de Educación da embaixada, Filipa Soares; a Adxunta do reitor para a coordinación e relacións institucionais, Mariló Candedo, e a directora do Departamento de Letras da UDC, Teresa López Fernández.

Comentários